dimanche 27 mars 2011

Jeudi 24 et vendredi 25 mars

Xa de volta e despois dun descanso reparador, dedico parte do sábado e domingo a subir as fotos da miña cámara.
O xoves, como podedes comprobar se vedes o album, estivemos en "Versailles". Chegamos as 11h30 despois de viaxar en metro e RER ( a 1h30 do hotel). Un tempo espléndido acompañounos nunha visita demasiado rápida dos xardíns do palacio,  os "parterres" estaban algo tristóns, aínda non estaban moi primaverais. Na "galerie des glaces" xa non había obras e lucía esplendorosa. Visita con eses aparatiños que che van contando o que estás a ver, e bocata de rigor ao remate do percorrido.
De novo collemos o RER e o tramvía para ir a "La Défense" para ver un barrio distinto de París e derradeiras compras antes de voltar ao hotel para facer as maletas.
Venres de madrugón, unha cola impensable na cafetería para o almorzo, presas porque o autobús esperaba fora. Xa eran as 8h30 cando conseguimos arrancar. Chegamos ao aeroporto, facturación, control de seguridad de rigor e saída do avión sen demasidado retraso.
Repoñemos forzas no aeroporto de Porto, autobús de volta, Carlos (o noso conductor) vai máis amodo! que non temos presa por chegar, decían os rapaces e rapazas,  parada en Vilalonga, apertas, bicos e non esquezades que temos pendente unha xornada de intercambio intercentros (Vilalonga-Xelmírez 2).
E xa queda pouco, chegamos ao instituto, despedidas e descansade este fin de semana que o luns hai que voltar á rutina! ánimo, grazas, foi un gustazo!

mercredi 23 mars 2011

Luns, martes e mércores.

Como ben podedes comprobar, andivemos un chisco aceleradas estos días e dado que chegabamos bastante tarde ao hotel, e  visto que a conexión ao internet non permite grandes velocidades, deixei abandonado o meu diario da viaxe. Hoxe vou intentar subir algunha foto destes tres días.
O luns percorremos o Louvre nunha visita condensada e de seguido subimos as 450 escaleiras ( e logo baixamos) que nos levaron ao alto das torres da catedral de Notre Dame.
Repoñemos forzas no barrio latino e despois de cear tocaba visita da Torre Eiffel.
Sorpresa: que non funcionaban os ascensores que subían ao 2º piso e só tiñamos dúas alternativas: ou renunciar á visita ou subir as 669 escaleiras. Como bos turistas, afrontamos o desafío e alo fomos. Ata o alto para comprobar a sensación da vista dende os 300 metros de altura. De vota ao hotel a medianoite, sen forzas e con poucos folgos asaltamos a cama.
Martes con Mickey nun día sen desperdicio!
Hoxe mércores disfrutamos dun paseo en bateau polo canal Saint Martin e parte do Sena: lindo, lindo!
Orsay mágnifico aínda que algo caótico porque seguen en obras.
Comprobamos o que se sinte viaxando nun metro atesgado, como sardiñas en lata. Compras e logo cea.
De volta ao hotel para repoñer forzas que mañá imos a Versailles.

dimanche 20 mars 2011

Domingo 23 de marzo: segundo día

O tempo vai mellorando, a temperatura tamén. Ás 7h30 en pé. Almorzo e en ruta.
Achegámonos á arte contemporánea no museo Pompidou.
Tecnoloxía e todo tipo de aparellos no museo des Arts et Métiers.
Un paseo polo barrio do Marais ( Manolo, que tamén probamos os pasteis no Murciano,  ricos!!). Moita xente polas rúas. Metro pa riba, metro pa baixo! rúa arriba, rúa abaixo! profe, e logo cando voltamos ao hotel? Pero no hai mal que unha boa ducha non resolva.
Sigo intentando subir fotos pero a conexión wifi non é moi operativa e leválle moito tempo.
Asi que, mañá máis e espero que tan de proveito.

samedi 19 mars 2011

Sábado, primeiro día!

Moi ben aproveitado: de 4 da mañá a medianoite! E como estamos derrotadas, podedes seguir o noso andar mirando o album de fotos adxunto. Se procede e o domingo nos trata mellor, prometemos algo de literatura.