dimanche 27 mars 2011

Jeudi 24 et vendredi 25 mars

Xa de volta e despois dun descanso reparador, dedico parte do sábado e domingo a subir as fotos da miña cámara.
O xoves, como podedes comprobar se vedes o album, estivemos en "Versailles". Chegamos as 11h30 despois de viaxar en metro e RER ( a 1h30 do hotel). Un tempo espléndido acompañounos nunha visita demasiado rápida dos xardíns do palacio,  os "parterres" estaban algo tristóns, aínda non estaban moi primaverais. Na "galerie des glaces" xa non había obras e lucía esplendorosa. Visita con eses aparatiños que che van contando o que estás a ver, e bocata de rigor ao remate do percorrido.
De novo collemos o RER e o tramvía para ir a "La Défense" para ver un barrio distinto de París e derradeiras compras antes de voltar ao hotel para facer as maletas.
Venres de madrugón, unha cola impensable na cafetería para o almorzo, presas porque o autobús esperaba fora. Xa eran as 8h30 cando conseguimos arrancar. Chegamos ao aeroporto, facturación, control de seguridad de rigor e saída do avión sen demasidado retraso.
Repoñemos forzas no aeroporto de Porto, autobús de volta, Carlos (o noso conductor) vai máis amodo! que non temos presa por chegar, decían os rapaces e rapazas,  parada en Vilalonga, apertas, bicos e non esquezades que temos pendente unha xornada de intercambio intercentros (Vilalonga-Xelmírez 2).
E xa queda pouco, chegamos ao instituto, despedidas e descansade este fin de semana que o luns hai que voltar á rutina! ánimo, grazas, foi un gustazo!

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire