mercredi 23 mars 2011

Luns, martes e mércores.

Como ben podedes comprobar, andivemos un chisco aceleradas estos días e dado que chegabamos bastante tarde ao hotel, e  visto que a conexión ao internet non permite grandes velocidades, deixei abandonado o meu diario da viaxe. Hoxe vou intentar subir algunha foto destes tres días.
O luns percorremos o Louvre nunha visita condensada e de seguido subimos as 450 escaleiras ( e logo baixamos) que nos levaron ao alto das torres da catedral de Notre Dame.
Repoñemos forzas no barrio latino e despois de cear tocaba visita da Torre Eiffel.
Sorpresa: que non funcionaban os ascensores que subían ao 2º piso e só tiñamos dúas alternativas: ou renunciar á visita ou subir as 669 escaleiras. Como bos turistas, afrontamos o desafío e alo fomos. Ata o alto para comprobar a sensación da vista dende os 300 metros de altura. De vota ao hotel a medianoite, sen forzas e con poucos folgos asaltamos a cama.
Martes con Mickey nun día sen desperdicio!
Hoxe mércores disfrutamos dun paseo en bateau polo canal Saint Martin e parte do Sena: lindo, lindo!
Orsay mágnifico aínda que algo caótico porque seguen en obras.
Comprobamos o que se sinte viaxando nun metro atesgado, como sardiñas en lata. Compras e logo cea.
De volta ao hotel para repoñer forzas que mañá imos a Versailles.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire